Considérome un determinista en toda regla. Considero que toda actividade que fan os obxectos inanimados o fan polas leis da física, xa sexa por acción dun campo gravitatorio, eléctrico ou magnético. Cos seres vivos é máis complicado, xa que pensan e fan eleccións, pero aínda así toda acción é matematizable. Toda elección é un resultado de bioloxía, experiencia e información que se está a procesar. incluso cando fas algo que non é típico de ti, é porque algo ou alguén te influenciou a facelo, ou porque te retaches a ti mesmo a facer algo pouco típico de ti conscientemente. Toda a miña vida pensei que todo o que pasa e nos rodea e todo o que facemos é algo escrito e incambiable e que o noso futuro é un destino fixo e predecible ao que non podemos escapar. Sen embargo hai pouco descubrín algo que pode cambiar isto. A mecánica cuántica.
A mecánica cuántica é o estudio de partículas subatómicas, como se moven, como interactúan, as súas propiedades etc. O caso é que a mecánica cuántica é un estudio moi complexo, moi extensivo e moi pechado, a veces incomprendido por certas persoas. O estudo da mecánica cuántica permite, e ás veces necesita violacións temporais das leis de conservación de enerxía, porque non segue as normas, leis e restriccións que definen a todas as outras áreas da ciencia, da física e da mecánica clásica e relativista. De repente todo fenómeno observable require o feito de ser observado para dar resultados que, en esencia non son coherentes. Antes de explicar a súa relación co determinismo vou presentar dous faccións da mecánica cuántica que vou usar de base para aplicalo ao determinismo.
Antes de nada é necesario entender como a mecánica cuántica se contradice a si mesma e como é moi diferente á mecanica clásica. Un exemplo perfecto para esto é analizar a luz. A luz obviamente viaxa á velocidade da luz, pero isto é unha paradoxa na mecánica cuántica por un simple feito: a súa masa. Ben, a luz é unha onda, pero tamén é unha partícula, o fotón. Estes fotóns, ao caer baixo a definición de partícula teñen masa. A masa é despreciable en prácticamente todos os casos e a maioría de físicos non consideran a masa dos fotóns porque non consideran que os fotóns teñan masa. Despois de todo, a masa dos electróns é tan minúscula que se está debatindo se teñen masa ou non, por qué a deberían ter os fotóns? Sen embargo, os fotóns teñen enrexía e a enerxía implica unha masa, ademais de que ten momento e inercia, e pode excitar tanto partículas que forman parte dun átomo que poden facer varios átomos interactuar de tal maneira que una porción mínima (pero observable) de aire sexa sólida durante un período de tempo absolutamente mínimo e case imperceptible ou simplemente pode estimular os fotorreceptores dos nosos ollos para que vexamos (escolle a demostración que che sexa mais cercano e comprensible), para o cal require masa. Xa establecido que o fotón teña masa (é dicir, que a luz ten masa, o cal non pode ter porque é unha onda) só se pode ir ao seguinte paso lóxico, que é descubrir qué pasa cando vai á velocidade da luz, se é que pode ir. Esta última parte é moi importante xa que sempre que calquera obxecto/corpo/partícula teña masa, cando se acerca á velocidade da luz pasan cousas raras. A enerxía necesaria para chegar a esas velocidades crece exponencialmente, e canto mais se acerca á velocidade da luz, mais a cantidade de enerxía necesaria para chegar a esa velocidade se acerca ao infinito, o cal, por motivos que son demasiado extensivos para explicar eiquí, fai que a masa do obxecto en cuestión faga o efecto de ser igualmente exponencialmente maior, o cal aumenta o efecto da inercia, o cal fai cada vez mais imposible a aceleración, o cal fai que non poida chegar á velocidade da luz. En conclusión, cun pouco de axuda da física relativista, a mecánica cuántica pode postular que a luz, polo mero feito de existir, non pode chegar á velocidade da luz.
Pero como que non pode chegar á velocidade da luz? Claramente é a luz! Pero a matemática demostra que non pode. Isto demostra que non todas as conclusións matemáticas son correctas nin fiables, e por ende non é recomendable crer que o que a lóxica matemática dicte sea o que vaia a pasar. O azar pode existir nunha medida enana neste universo matemáticamente perfecto e mecánico.
Falando do azar, as posicións exactas de calquera partícula subatómica é completamente impredecible en calquera punto e momento que non se esté observando cuidadosamente. Xa dixen antes que todo fenómeno cuántico observable require o feito de ser observado para dar resultados que, en esencia, non son tan coherentes. Isto é porque cando se observa unha partícula esta preséntase como tal pero cando non se observa actúa como unha onda, o cal fai imposible calcular a súa posición exacta dentro de un certo tempo. Só é posible calcular a probabilidade de que esté nun punto e a zona onde é máis probable que se encontre, pero non porque sexa o máis probable ten que estar alí, pode estar nesa área ou pode estar a literalmente un universo de distancia, e o motivo polo que non notamos este completo e absolutamente caos é porque ás escalas macromoleculares este sinsentido vólvese diminuto e insignificante, todas as accións se contrarrestan para formar unha realidade aparentemente concreta e predecible. Bueno, todas as accións se contrarrestan para formar unha realidade aparentemente concreta e predecible? Son partículas subatómicas con masa e enerxía, ás veces moita enerxía, o que pode afectar ás cargas eleéctricas e aos átomos, o que podería, por exemplo, afectar levemente un impulso nervioso no cerebro, o cal pode afectar á toma de decisións ou á memoria, por ende facendo todo máis azaroso. Sen embargo, isto non debería afectar case a nada xa que son partículas moito menores que os átomos e é moi dubidoso que isto pase, sen embargo isto indica que o universo é máis azaroso do que pensamos.
En conclusión sí, o noso universo é moi predecible e matematizable pero non está exento de azar e o determinismo é unha definición incompleta de como está o mundo. A nosa vontade non está completamente rexida por leis fixas e exactas (pero nunca seremos libres e da grazas a iso).
Non son un gran filósofo. Non son un gran científico. Non son unha gran persoa en xeral se queira, sen embargo encántame extrapolar ideas disparatadas a partir do pensamiento lóxico, filosofar o porqué das cousas e encontrar contrastes no mundo. Ademáis encantanme a física e a ciencia. Eiquí escribirei artículos de opinión e pensamentos filosóficos según o meu parecer. Tamén podedes pedirme a miña opinión sobre algún tema se queredes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario