2/20/2020

O sentido da vida

Moitos son os filósofos que se preguntaron cal é o sentido da vida. É unha pregunta moi controversial e todo o mundo preguntouse isto. Cal é o sentido da vida? Pero por moi interesante que sexa indagar sobre o sentido da vida hai outra pregunta moi pouca valorada que a trascende. Isa pregunta é "Cal é o sentido de preguntarse sobre o sentido da vida?" Porque pénsao ben. Preguntas para qué vivimos e danche unha resposta concreta e ise é o único motivo polo que existes. Estarías satisfeito?

Antes de nada, quixera dicir que hai dous respostas que eu acepto como sentido da vida e que son dous respostas moi populares. Unha é "seguir o camiño que che leve á satisfación". Vivir a vida como che gustaría vivila. Básicamente, o sentido da vida é vivir. Fai o que queiras e necesites porque a túa vida é túa e só vives esa vida unha vez (digo esa vida porque non quero entrar en debate de se existen outras, ise é outro tema). A outra resposta é "encontrar o sentido da túa vida", que significa que a vida non ten un sentido único e concreto para todos en conxunto, senón que cada persoa debe seguir un camiño e función na sociedade na súa vida, o cal debe descubrir por si mesmo. Sen embargo, qué pasa se nos preguntamos mais alá para hachar respostas mais importantes?

A vida evolucionou (suponse) a partir de moléculas que formaron células con ADN e ARN cuxo único obxectivo era expandirse, extenderse, multiplicarse, para o cal primeiro necesitaba vivir. Toda vida parece ter ese obxectivo, expandirse e crecer, polo mero feito de existir, por iso pódese dicir que a vida existe por errores do azar e por sucesos químicos que a formaron, sen ningunha función nin razón de ser, non cumple ningún obxectivo vital que axude ou estorbe a nada que veña de fora. A vida non axuda á Terra a xirar en torno ao sol, non evita a formación de buratos negros, non  axuda a alieníxenas a crear nova tecnoloxía etc. A vida non afecta a nada que non sexa vida, é dicir, non cumple unha función, que cumpliría se ese fose o seu sentido. É dicir, ao universo lle da igual a existencia da vida e pode (e é probable) que non haxa motivo pola súa existencia, así que de qué nos sirve preguntarnos polo sentido da vida? Ten que ver cunha cousa moi molesta chamada sentimentos, e básicamente nos fai tristes pensar que a vida existe por existir, e nos gusta sentirnos útiles, fixemos algo que deixou ao mundo mellor do que nolo encontramos, por ende somos importantes e o universo non nos ignoraría tanto, de feito o universosentirá a nosa morte e tentará evitala. Obviamente isto é mentira, por moitas cousas que fagas o universo seguirá sendo igual de indiferente, deixarás de existir e a Terra seguirá xirando en torno ao sol. Pois para sentirnos útiles e importantes e distraernos do vacío e silencio do mundo ante a nosa existencia preferimos pensar que o universo ten un sentido, unha misión para nós e que é moi importante que a fagamos ou toda a vida desaparecerá. Tanto, de feito, que a pregunta "cal é o sentido da vida" plaga a vida de moitas persoas, e volveuse tan importante que se de repente se descubre que a vida ten un sentido e que é unha tarefa en concreto, sexa cal sexa a tarea sempre quedaremos decepcionados.

Para mellor explicar isto imaxínate que chega o deus Châac coa súa hacha eléctrica e di que o motivo da existencia dos humanos é excavar fosas que unan distintos mares e ríos e que á beira deses novos ríos se edifiquen pirámides alineadas coas estrelas. Velaí o sentido da vida, un obxectivo concreto e factible, unha meta de vida e o motivo pola túa existencia. Como? Non che gusta? Pero se é o que sempre quixestes. Ah claro, pero non queres que a túa vida esté alí só para excavar e apilar montóns de pedras, claro que non. E a iso me refiro, a búsqueda do sentido da vida polo ser humano é coma un can perseguindo un camión de helados. Pon todo o seu empeño en seguir adiante pero non sabe que facer unha vez alcanza a súa meta. Por ende é mellor non responder a esa pregunta. Pero se o sentido desa pregunta é darlle sentido á vida e descubrir a resposta anula o motivo do sentido da vida, o sentido da vida é hachar a resposta á pregunta "cal é o sentido da vida?"? Non, iso é absurdo. Moita xente existe pacíficamente sen saber nin preocuparse polo sentido da vida e alí os tes, felices.

En resumo, a vida existiu e o ser humano necesita saber cal é o motivo para que poidan sentirse importantes, pero danlle tanto valor á resposta que se recibisen unha resposta quedarían insatisfeitos así que é mellor non encontrar unha resposta, o cal é bo porque non ten resposta porque a vida non ten sentido. Boas noites

1 comentario: