Durante a primeira metade do ano 2019 aprobáronse os primeiros experimentos de embrións animais e células humanas para crear órganos humanos en animais mamíferos en Xapón. Este experimento, liderado polo científico Hiromitsu Nakauchi, foi un tema de debate ético e político intenso. En marzo dese mesmo ano desfíxose unha lei que prohibía o crecemento de embrións animais que contuvisen células humanas. Moitos experimentos son criticados ou directamente prohibidos por ser éticamente incorrectos. Que quere dicir iso? Por que importa o que fagamos polo avance da ciencia? Que ramificacións e consecuencias teñen os experimentos que fagamos?
Antes que nada, que é a ética e que aplicación ten na ciencia? Pois é a parte da filosofía que trata os principios morais que gobernan a conduta dunha persoa cara aos demais. O debate é que dereitos e deberes temos con nós mesmos e cos demais. O consenso xeral é como tratar de conseguir o maior ben para a maior cantidade de persoas, mais hai moitos métodos de pensar e moitas direcións que tomar dentro de esta área. Hai moitos filósofos que estudaron o tema, como Immanuel Kant ou Maquiavelo. A ciencia en si como concepto é un aspecto que según a ética é recomendable. O estudo científico é a búsqueda de saber do noso entorno, do noso interior e das relacións que teñen as cousas o máis obxectivo posible usando o chamado método científico, polo que a meta última da ciencia é o saber.
O pensamento ético di que pode ser bo, pois o coñecemento en si axuda á maior cantidade de persoas a primeira vista. Canto máis sepas do mundo mellor estarás nel, xa que saberás afrontar mellor os problemas que alguén que sepa menos. Moito saber acumulado pode, ademáis, formar un patrón visible que che axude nunha situación distinta ás que estés acostumado. A ciencia axuda a conseguir esa valiosa información e a solta ao público para que todos teñan eses coñecementos. Sen embargo hai varios problemas e dilemas éticos con isto. Os que descubren algunha cousa importante poden querer ocultar esa información da comunidade científica, ou peor aínda, a comunidade científica pode ocultar algunha información importante do resto das persoas. Esa información pode dar poder aos que a teñen e crear unha xerarquía inxusta onde os
ignorantes son abusados.
Tamén está o problema de se se descobre algo se debería saír á luz. Se de repente se descubrise un método para exterminar á Terra non se querría divulgar esa información porque alguén non moralmente estable querría facelo. Tamén se se descobre algo que faga que a vida humana prospere mais do habitual morrería menos xente que debería morrer e así teríamos unha sobrepoboación que provocaría a
escasez de recursos. Tendo isto en conta é debatible se ter os coñecementos que nos da a ciencia é bo ou non e, por tanto, se é tan boa a ciencia.
Supoñendo que o coñecemento é bo, de entre todos os métodos de conseguilo a ciencia é óptima, pois é a mais obxectiva e a que ten máis sentido. A relixión e os mitos teñen bases cuestionables e conclusións pouco obxectivas e varias tratan con sacrificios humanos ou con procesos dolorosos e ten creado guerras. Por moitas relixións que o contrarresten con normas civís para tratar ben aos demais, a mellor alternativa é a ciencia.
Tamén está a pregunta de se todo isto importa. Quero dicir, importa valorar e ponderar se a ciencia é algo bo ou malo para a sociedade e que facer con esa información? Que fai iso para a ciencia e é bo consideralo para a sociedade? Afecta a ética na ciencia?
Pois a ética pode estar discutindo se a ciencia é boa ou non pero vai a existir de todos modos. A curiosidade humana nunca quedará saciada e a ciencia é unha gran fonte de respostas e o mellor é que son bastante obxectivas e precisas. A pregunta de se a ciencia é éticamente correcta ou non non afecta á existencia da mesma. O que pode facer a ética
agora é meramente dirixir o camino da ciencia por un camino mais moral e menos dañino.
A ciencia en si é bastante inocente. Só busca saber o mais posible sobre todo o que se poida observar. Sen embargo, para descubrir certas cousas necesita facer probas, experimentos, e algúns traen consigo problemas éticos. Os experimentos científicos soen ser moralmente correctos. O maior dano habitualmente é material, o cal é un prezo aceptable pola sabidoría. O material usado para facer unha cousa adoita ser menos valioso que a hipótese que se queira demostrar. Malia isto, unha hipótese é só iso, unha idea que pode ou non ser certa e que cremos é unha variable que depende doutra. O experimento só verifica ou nega a hipótese que tiñamos.
Isto significa que se a hipótese é falsa o gasto de materiais foi innecesario e que se poideron usar para algo máis produtivo para o ben común. Sen embargo se non arriscamos ese material nunca sabremos se a hipótesis é verdadeira ou non. E completamente innecesario non foi, pois dos errores se aprende. Pero logo chegan os experimentos que miden o poder destrutivo dalgunha cousa, tal e como fixo o proxecto manhattan. Obviamente se tomaron medidas de seguridade pero aínda así, alguén podería haber morto nese test e os resultados usáronse para matar millóns.
E ise é outro punto. Se fan experimentos para ver os efectos que causan tratamentos ou armas para facer o maior dano posible. Non nos olvidemos de Josef Menguele, temible nazi que facía experimentos terribles que causaban moita dor e que se usaban para torturar e matar a xudíos na segunda guerra mundial.
E isto me leva ao meu seguinte punto e á miña idea central... Deixando atrás os experimentos que se fan por mal ou para o mal e partindo da base de que o saber é un ben común que se debe lograr, é aceptable facer experimentos con seres vivos pola ciencia? Se é así ata que punto? Son as leis da ética científica demasiado restrictivas ou demasiado soltas?
Se o experimento é nun ser vivo que morreu a resposta é bastante simple. Pódense facer experimentos con algunhas especies sen repercusións e con outras non. Especies como os crocodilos, por exemplo, está ben facer o que se queira co corpo morto, pois ninguén o botará de menos, pero na maioría de especies, como nos elefantes, a morte dun individuo afecta aos seus coñecidos, que moitas veces lles rinden homeaxe ou tributo aos seus mortos ou, polo menos, se sinten apenados. Por respeto, os experimentos que se fagan, se algún, deben ser moi coidadosos e afectar mínimamente ao individuo ou aos seus seres cercanos. En humanos a historia non é tan distinta. Adóitase enterrar aos mortos, pero hai persoas que no seu testamento prefiren doar o seu corpo á ciencia.
O autojektor de Brukhonenko. Exemplo dun experimento non ético
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario