2/20/2020

O sentido da vida

Moitos son os filósofos que se preguntaron cal é o sentido da vida. É unha pregunta moi controversial e todo o mundo preguntouse isto. Cal é o sentido da vida? Pero por moi interesante que sexa indagar sobre o sentido da vida hai outra pregunta moi pouca valorada que a trascende. Isa pregunta é "Cal é o sentido de preguntarse sobre o sentido da vida?" Porque pénsao ben. Preguntas para qué vivimos e danche unha resposta concreta e ise é o único motivo polo que existes. Estarías satisfeito?

Antes de nada, quixera dicir que hai dous respostas que eu acepto como sentido da vida e que son dous respostas moi populares. Unha é "seguir o camiño que che leve á satisfación". Vivir a vida como che gustaría vivila. Básicamente, o sentido da vida é vivir. Fai o que queiras e necesites porque a túa vida é túa e só vives esa vida unha vez (digo esa vida porque non quero entrar en debate de se existen outras, ise é outro tema). A outra resposta é "encontrar o sentido da túa vida", que significa que a vida non ten un sentido único e concreto para todos en conxunto, senón que cada persoa debe seguir un camiño e función na sociedade na súa vida, o cal debe descubrir por si mesmo. Sen embargo, qué pasa se nos preguntamos mais alá para hachar respostas mais importantes?

A vida evolucionou (suponse) a partir de moléculas que formaron células con ADN e ARN cuxo único obxectivo era expandirse, extenderse, multiplicarse, para o cal primeiro necesitaba vivir. Toda vida parece ter ese obxectivo, expandirse e crecer, polo mero feito de existir, por iso pódese dicir que a vida existe por errores do azar e por sucesos químicos que a formaron, sen ningunha función nin razón de ser, non cumple ningún obxectivo vital que axude ou estorbe a nada que veña de fora. A vida non axuda á Terra a xirar en torno ao sol, non evita a formación de buratos negros, non  axuda a alieníxenas a crear nova tecnoloxía etc. A vida non afecta a nada que non sexa vida, é dicir, non cumple unha función, que cumpliría se ese fose o seu sentido. É dicir, ao universo lle da igual a existencia da vida e pode (e é probable) que non haxa motivo pola súa existencia, así que de qué nos sirve preguntarnos polo sentido da vida? Ten que ver cunha cousa moi molesta chamada sentimentos, e básicamente nos fai tristes pensar que a vida existe por existir, e nos gusta sentirnos útiles, fixemos algo que deixou ao mundo mellor do que nolo encontramos, por ende somos importantes e o universo non nos ignoraría tanto, de feito o universosentirá a nosa morte e tentará evitala. Obviamente isto é mentira, por moitas cousas que fagas o universo seguirá sendo igual de indiferente, deixarás de existir e a Terra seguirá xirando en torno ao sol. Pois para sentirnos útiles e importantes e distraernos do vacío e silencio do mundo ante a nosa existencia preferimos pensar que o universo ten un sentido, unha misión para nós e que é moi importante que a fagamos ou toda a vida desaparecerá. Tanto, de feito, que a pregunta "cal é o sentido da vida" plaga a vida de moitas persoas, e volveuse tan importante que se de repente se descubre que a vida ten un sentido e que é unha tarefa en concreto, sexa cal sexa a tarea sempre quedaremos decepcionados.

Para mellor explicar isto imaxínate que chega o deus Châac coa súa hacha eléctrica e di que o motivo da existencia dos humanos é excavar fosas que unan distintos mares e ríos e que á beira deses novos ríos se edifiquen pirámides alineadas coas estrelas. Velaí o sentido da vida, un obxectivo concreto e factible, unha meta de vida e o motivo pola túa existencia. Como? Non che gusta? Pero se é o que sempre quixestes. Ah claro, pero non queres que a túa vida esté alí só para excavar e apilar montóns de pedras, claro que non. E a iso me refiro, a búsqueda do sentido da vida polo ser humano é coma un can perseguindo un camión de helados. Pon todo o seu empeño en seguir adiante pero non sabe que facer unha vez alcanza a súa meta. Por ende é mellor non responder a esa pregunta. Pero se o sentido desa pregunta é darlle sentido á vida e descubrir a resposta anula o motivo do sentido da vida, o sentido da vida é hachar a resposta á pregunta "cal é o sentido da vida?"? Non, iso é absurdo. Moita xente existe pacíficamente sen saber nin preocuparse polo sentido da vida e alí os tes, felices.

En resumo, a vida existiu e o ser humano necesita saber cal é o motivo para que poidan sentirse importantes, pero danlle tanto valor á resposta que se recibisen unha resposta quedarían insatisfeitos así que é mellor non encontrar unha resposta, o cal é bo porque non ten resposta porque a vida non ten sentido. Boas noites

Determinismo según la cuántica

Considérome un determinista en toda regla. Considero que toda actividade que fan os obxectos inanimados o fan polas leis da física, xa sexa por acción dun campo gravitatorio, eléctrico ou magnético. Cos seres vivos é máis complicado, xa que pensan e fan eleccións, pero aínda así toda acción é matematizable. Toda elección é un resultado de bioloxía, experiencia e información que se está a procesar. incluso cando fas algo que non é típico de ti, é porque algo ou alguén te influenciou a facelo, ou porque te retaches a ti mesmo a facer algo pouco típico de ti conscientemente. Toda a miña vida pensei que todo o que pasa e nos rodea e todo o que facemos é algo escrito e incambiable e que o noso futuro é un destino fixo e predecible ao que non podemos escapar. Sen embargo hai pouco descubrín algo que pode cambiar isto. A mecánica cuántica.

A mecánica cuántica é o estudio de partículas subatómicas, como se moven, como interactúan, as súas propiedades etc. O caso é que a mecánica cuántica é un estudio moi complexo, moi extensivo e moi pechado, a veces incomprendido por certas persoas. O estudo da mecánica cuántica permite, e ás veces necesita violacións temporais das leis de conservación de enerxía, porque non segue as normas, leis e restriccións que definen a todas as outras áreas da ciencia, da física e da mecánica clásica e relativista. De repente todo fenómeno observable require o feito de ser observado para dar resultados que, en esencia non son coherentes. Antes de explicar a súa relación co determinismo vou presentar dous faccións da mecánica cuántica que vou usar de base para aplicalo ao determinismo.

Antes de nada é necesario entender como a mecánica cuántica se contradice a si mesma e como é moi diferente á mecanica clásica. Un exemplo perfecto para esto é analizar a luz. A luz obviamente viaxa á velocidade da luz, pero isto é unha paradoxa na mecánica cuántica por un simple feito: a súa masa. Ben, a luz é unha onda, pero tamén é unha partícula, o fotón. Estes fotóns, ao caer baixo a definición de partícula teñen masa. A masa é despreciable en prácticamente todos os casos e a maioría de físicos non consideran a masa dos fotóns porque non consideran que os fotóns teñan masa. Despois de todo, a masa dos electróns é tan minúscula que se está debatindo se teñen masa ou non, por qué a deberían ter os fotóns? Sen embargo, os fotóns teñen enrexía e a enerxía implica unha masa, ademais de que ten momento e inercia, e pode excitar tanto partículas que forman parte dun átomo que poden facer varios átomos interactuar de tal maneira que una porción mínima (pero observable) de aire sexa sólida durante un período de tempo absolutamente mínimo e case imperceptible ou simplemente pode estimular os fotorreceptores dos nosos ollos para que vexamos (escolle a demostración que che sexa mais cercano e comprensible), para o cal require masa. Xa establecido que o fotón teña masa (é dicir, que a luz ten masa, o cal non pode ter porque é unha onda) só se pode ir ao seguinte paso lóxico, que é descubrir qué pasa cando vai á velocidade da luz, se é que pode ir. Esta última parte é moi importante xa que sempre que calquera obxecto/corpo/partícula teña masa, cando se acerca á velocidade da luz pasan cousas raras. A enerxía necesaria para chegar a esas velocidades crece exponencialmente, e canto mais se acerca á velocidade da luz, mais a cantidade de enerxía necesaria para chegar a esa velocidade se acerca ao infinito, o cal, por motivos que son demasiado extensivos para explicar eiquí, fai que a masa do obxecto en cuestión faga o efecto de ser igualmente exponencialmente maior, o cal aumenta o efecto da inercia, o cal fai cada vez mais imposible a aceleración, o cal fai que non poida chegar á velocidade da luz. En conclusión, cun pouco de axuda da física relativista, a mecánica cuántica pode postular que a luz, polo mero feito de existir, non pode chegar á velocidade da luz.
Pero como que non pode chegar á velocidade da luz? Claramente é a luz! Pero a matemática demostra que non pode. Isto demostra que non todas as conclusións matemáticas son correctas nin fiables, e por ende non é recomendable crer que o que a lóxica matemática dicte sea o que vaia a pasar. O azar pode existir nunha medida enana neste universo matemáticamente perfecto e mecánico.

Falando do azar, as posicións exactas de calquera partícula subatómica é completamente impredecible en calquera punto e momento que non se esté observando cuidadosamente. Xa dixen antes que todo fenómeno cuántico observable require o feito de ser observado para dar resultados que, en esencia, non son tan coherentes. Isto é porque cando se observa unha partícula esta preséntase como tal pero cando non se observa actúa como unha onda, o cal fai imposible calcular a súa posición exacta dentro de un certo tempo. Só é posible calcular a probabilidade de que esté nun punto e a zona onde é máis probable que se encontre, pero non porque sexa o máis probable ten que estar alí, pode estar nesa área ou pode estar a literalmente un universo de distancia, e o motivo polo que non notamos este completo e absolutamente caos é porque ás escalas macromoleculares este sinsentido vólvese diminuto e insignificante, todas as accións se contrarrestan para formar unha realidade aparentemente concreta e predecible. Bueno, todas as accións se contrarrestan para formar unha realidade aparentemente concreta e predecible? Son partículas subatómicas con masa e enerxía, ás veces moita enerxía, o que pode afectar ás cargas eleéctricas e aos átomos, o que podería, por exemplo, afectar levemente un impulso nervioso no cerebro, o cal pode afectar á toma de decisións ou á memoria, por ende facendo todo máis azaroso. Sen embargo, isto non debería afectar case a nada xa que son partículas moito menores que os átomos e é moi dubidoso que isto pase, sen embargo isto indica que o universo é máis azaroso do que pensamos.

En conclusión sí, o noso universo é moi predecible e matematizable pero non está exento de azar e o determinismo é unha definición incompleta de como está o mundo. A nosa vontade non está completamente rexida por leis fixas e exactas (pero nunca seremos libres e da grazas a iso).

11/23/2019

Ética e metaética na experimentación científica


Durante a primeira metade do ano 2019 aprobáronse os primeiros experimentos de embrións animais e células humanas para crear órganos humanos en animais mamíferos en Xapón. Este experimento, liderado polo científico Hiromitsu Nakauchi, foi un tema de debate ético e político intenso. En marzo dese mesmo ano desfíxose unha lei que prohibía o crecemento de embrións animais que contuvisen células humanas. Moitos experimentos son criticados ou directamente prohibidos por ser éticamente incorrectos. Que quere dicir iso? Por que importa o que fagamos polo avance da ciencia? Que ramificacións e consecuencias teñen os experimentos que fagamos?

Antes que nada, que é a ética e que aplicación ten na ciencia? Pois é a parte da filosofía que trata os principios morais que gobernan a conduta dunha persoa cara aos demais. O debate é que dereitos e deberes temos con nós mesmos e cos demais. O consenso xeral é como tratar de conseguir o maior ben para a maior cantidade de persoas, mais hai moitos métodos de pensar e moitas direcións que tomar dentro de esta área. Hai moitos filósofos que estudaron o tema, como Immanuel Kant ou Maquiavelo. A ciencia en si como concepto é un aspecto que según a ética é recomendable. O estudo científico é a búsqueda de saber do noso entorno, do noso interior e das relacións que teñen as cousas o máis obxectivo posible usando o chamado método científico, polo que a meta última da ciencia é o saber.
O pensamento ético di que pode ser bo, pois o coñecemento en si axuda á maior cantidade de persoas a primeira vista. Canto máis sepas do mundo mellor estarás nel, xa que saberás afrontar mellor os problemas que alguén que sepa menos. Moito saber acumulado pode, ademáis, formar un patrón visible que che axude nunha situación distinta ás que estés acostumado. A ciencia axuda a conseguir esa valiosa información e a solta ao público para que todos teñan eses coñecementos. Sen embargo hai varios problemas e dilemas éticos con isto. Os que descubren algunha cousa importante poden querer ocultar esa información da comunidade científica, ou peor aínda, a comunidade científica pode ocultar algunha información importante do resto das persoas. Esa información pode dar poder aos que a teñen e crear unha xerarquía inxusta onde os

ignorantes son abusados.
Tamén está o problema de se se descobre algo se debería saír á luz. Se de repente se descubrise un método para exterminar á Terra non se querría divulgar esa información porque alguén non moralmente estable querría facelo. Tamén se se descobre algo que faga que a vida humana prospere mais do habitual morrería menos xente que debería morrer e así teríamos unha sobrepoboación que provocaría a
escasez de recursos. Tendo isto en conta é debatible se ter os coñecementos que nos da a ciencia é bo ou non e, por tanto, se é tan boa a ciencia.
Supoñendo que o coñecemento é bo, de entre todos os métodos de conseguilo a ciencia é óptima, pois é a mais obxectiva e a que ten máis sentido. A relixión e os mitos teñen bases cuestionables e conclusións pouco obxectivas e varias tratan con sacrificios humanos ou con procesos dolorosos e ten creado guerras. Por moitas relixións que o contrarresten con normas civís para tratar ben aos demais, a mellor alternativa é a ciencia.

Tamén está a pregunta de se todo isto importa. Quero dicir, importa valorar e ponderar se a ciencia é algo bo ou malo para a sociedade e que facer con esa información? Que fai iso para a ciencia e é bo consideralo para a sociedade? Afecta a ética na ciencia?

Pois a ética pode estar discutindo se a ciencia é boa ou non pero vai a existir de todos modos. A curiosidade humana nunca quedará saciada e a ciencia é unha gran fonte de respostas e o mellor é que son bastante obxectivas e precisas. A pregunta de se a ciencia é éticamente correcta ou non non afecta á existencia da mesma. O que pode facer a ética
agora é meramente dirixir o camino da ciencia por un camino mais moral e menos dañino.


A ciencia en si é bastante inocente. Só busca saber o mais posible sobre todo o que se poida observar. Sen embargo, para descubrir certas cousas necesita facer probas, experimentos, e algúns traen consigo problemas éticos. Os experimentos científicos soen ser moralmente correctos. O maior dano habitualmente é material, o cal é un prezo aceptable pola sabidoría. O material usado para facer unha cousa adoita ser menos valioso que a hipótese que se queira demostrar. Malia isto, unha hipótese é só iso, unha idea que pode ou non ser certa e que cremos é unha variable que depende doutra. O experimento só verifica ou nega a hipótese que tiñamos.
Isto significa que se a hipótese é falsa o gasto de materiais foi innecesario e que se poideron usar para algo máis produtivo para o ben común. Sen embargo se non arriscamos ese material nunca sabremos se a hipótesis é verdadeira ou non. E completamente innecesario non foi, pois dos errores se aprende. Pero logo chegan os experimentos que miden o poder destrutivo dalgunha cousa,  tal e como fixo o proxecto manhattan. Obviamente se tomaron medidas de seguridade pero aínda así, alguén podería haber morto nese test e os resultados usáronse para matar millóns.
E ise é outro punto. Se fan experimentos para ver os efectos que causan tratamentos ou armas para facer o maior dano posible. Non nos olvidemos de Josef Menguele, temible nazi que facía experimentos terribles que causaban moita dor e que se usaban para torturar e matar a xudíos na segunda guerra mundial.

Imagen relacionadaE isto me leva ao meu seguinte punto e á miña idea central... Deixando atrás os experimentos que se fan por mal ou para o mal e partindo da base de que o saber é un ben común que se debe lograr, é aceptable facer experimentos con seres vivos pola ciencia? Se é así ata que punto? Son as leis da ética científica demasiado restrictivas ou demasiado soltas?
Se o experimento é nun ser vivo que morreu a resposta é bastante simple. Pódense facer experimentos con algunhas especies sen repercusións e con outras non. Especies como os crocodilos, por exemplo, está ben facer o que se queira co corpo morto, pois ninguén o botará de menos, pero na maioría de especies, como nos elefantes, a morte dun individuo afecta aos seus coñecidos, que moitas veces lles rinden homeaxe ou tributo aos seus mortos ou, polo menos, se sinten apenados. Por respeto, os experimentos que se fagan, se algún, deben ser moi coidadosos e afectar mínimamente ao individuo ou aos seus seres cercanos. En humanos a historia non é tan distinta. Adóitase enterrar aos mortos, pero hai persoas que no seu testamento prefiren doar o seu corpo á ciencia.

Pero logo veñen os experimentos que se fan con seres vivos que están vivos. Alí débese ponderar o valor do que se fai mais seriamente. Cáusase dor físico ou emocional no individuo? Fanse cambios permanentes, de gran impacto ou traumantes no individuo? Se a resposta é non se debe aínda así ver e considerar como afecta ao individuo, pero en xeral estaría ben... Fas un experimento para comprobar unha hipótese para a ciencia, por un ben común, o saber, cun impacto negativo mínimo. Sen embargo se a resposta é si, hai que ver que se fai. Se meramente se marca ao individuo físicamente para recoñecelo ou por mértitos artísticos ten que ter un punto, unha meta clara, definida e necesaria. Calquera estancia e/ou encarceramento permanente debe ser agradable e manter estímulos positivos cos suxeitos, non se deben sentir incómodos a menos que iso sexa absolutamente necesario para o experimentos, e aínda así é moi cuestionable. Xa neste punto se debería tratar de ver se o coñecemento que se busca vale a pena. Por outro lado críanse ratas de laboratorio cautivos durante xeracións coa meta exclusiva de ser usados para experimentos. De que serve isa cautividade
Resultado de imagen de dog head electricity experiment
O autojektor de Brukhonenko. Exemplo dun experimento non ético
se nunca é útil para a comunidade científica? Xa que se está facendo algo de dano é mellor aproveitar algo do que se ten que desperdicialo. Porque unha cousa é coller recursos, danándoos, para usalos e outra é ter recursos xa danados e malgastalos. O seguinte nivel, unha vez vencido este, é facerlle dano ao animal, ou marcas permanentes. Iso xa é moi cruel e debe ser evitado a toda costa. Se chega a un límite onde o prezo é moi alto e a pregunta vólvese "É ese coñecemento verdaderamente tan importante como para sacrificar a saúde (física ou mental) doutro ser vivo?" Iste é un dilema onde cada caso ten unha resposta específica. Non, non digo que lle cortes a cola a media poboación de ratas para ver como reaccionan os seus compañeiros de celda e extrapolar hipóteses. Na maioría de casos está mal, mais nos casos extremos nos que se soe considerar facelo é bo mirar de lonxe e conseguir unha boa perspectiva para preguntarse se foi boa idea. Iste é un problema de "caso por exemplo", onde cada caso é distinto. Debería Hiromitsu Nakauchi probar a crecer órganos humanos en embrións mamíferos? O fin parece ser honesto, axudar no departamento médico de trasplante de órganos a costa de animais que levan o peso extra de órganos que non lles pertencen e que non usan dende que nacen. Cantas vidas se poden salvar e cantas se sacrifican? E se falla? Ou peor, e se acerta? Ou é peor? Tendo en conta que vai crear vida (alterada, pero vida) para salvar vidas, eu opino que neste caso vale a pena, mais que opinas ti?